InicioSociedadeSancionados 12 menores en Lugo nun dispositivo de prevención de consumo de...

Sancionados 12 menores en Lugo nun dispositivo de prevención de consumo de alcol

actividade dos axentes céntrase sobre todo en tarefas de inspección a locais e control e vixilancia das zonas de lecer frecuentadas por menores

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da xefatura provincial da Policía Autonómica en Lugo, en colaboración coa Policía Local do concello, levaron a cabo o pasado fin de semana un dispositivo de prevención de consumo de alcol por menores de idade na capital lucense, cun resultado de 12 actas de infracción. En concreto, 10 desas actas foron por consumo de alcol e as outras dúas a establecementos. Ademais, os axentes identificaron a 45 menores.

Segundo destacou a Xunta, o dispositivo enmárcase nas actuacións para velar polo cumprimento da Lei 11/2010, de 17 de decembro, de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, co obxectivo de previr a venda e a subministración a menores de idade, tanto en locais de lecer como bares, pubs ou discotecas como en supermercados e tendas 24 horas que sexan establecemento expendedores de alcol e tabaco.

Do mesmo xeito, tamén se efectúan intervencións preventivas nas concentracións da mocidade nas vías públicas, paracontrolar e evitar o consumo ilícito. A actividade dos axentes céntrase sobre todo en tarefas de inspección a locais e control e vixilancia das zonas de lecer frecuentadas por menores de idade. Os obxectivos pasan por alcanzar que os establecementos se axusten á normativa en materia de alcol e tabaco, pero tamén moi especialmente que os menores de idade adopten pautas de conduta saudables.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...