InicioSucesosDetido en Lugo por agredir supostamente e ameazar de morte á súa...

Detido en Lugo por agredir supostamente e ameazar de morte á súa parella

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home como suposto autor dun delito de violencia de xénero, que presuntamente agrediu e ameazou de morte á súa parella. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada deste venres, cando o 092 recibiu unha chamada alertando de que se escoitaban berros de muller e golpes nun edificio da zona norte da cidade.

Os axentes acudiron de inmediato e escoitaron berros procedentes dunha vivenda. Ao chamar ao timbre, abriulles a porta unha muller que relatou que a súa parella chegara á vivenda e comezaran unha discusión.

Segundo o relato desta muller, o home quitáralle o teléfono cando ela tentou chamar á súa nai, e ameazouna de morte, tanto a ela como á súa familia, chegando a agarrala polos brazos e a mordela. Mentres, o suposto agresor explicou que fora a muller a que chegara ebria á vivenda e que o agarrou a el polo pescozo.

Por estes feitos, os policías procederon á detención do home por un presunto delito de violencia de xénero, e trasladaron á muller a un centro sanitario para ser atendida das lesións que presentaba.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación irá á Feira Internacional de Turismo de Interior para promocionar a provincia

    A Deputación de Lugo participará por primeira vez na Feira Internacional de Turismo de...

Nova agresión nun campo de fútbol: un árbitro acaba no hospital ao recibir unha puñada nun partido de veteranos en Lugo

O encontro entre o Residencia e o Alianza, correspondente á novena xornada da División...

Lugo celebrará o nomeamento de Mariano Castiñeira como Fillo Adoptivo

O Concello de Lugo celebrará o este venres 13 de novembro o acto institucional...

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...