InicioPolíticaLara Méndez afirma que os anónimos contra Besteiro causaron tamén "un dano...

Lara Méndez afirma que os anónimos contra Besteiro causaron tamén “un dano irreparable a Lugo” e culpa a Candia

Censurou a actitude de Candia e acusouna de "non dar a cara"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, cargou de novo este luns contra a presidenta dos populares na provincia e candidata na capital, Elena Candia, e advertiu que os “anónimos” que entregou non só apartaron ao agora delegado do Goberno, José Ramón Gómez Besteiro, de primeira liña política e afectaron ao PSOE, senón que causaron “un dano irreparable a Lugo”.

Méndez censurou a actitude de Candia e acusouna de “non dar a cara” (a dirixente popular convocou esta xornada unha rolda de prensa) e advertiu que “hai unha realidade constatable que está aí e unha declaración feita” –en referencia a que entregou documentación anónima que, afirman os populares, recibiu o grupo; e realizou unha declaración testifical ante o fiscal–.

“O que tiña que facer é pedir información primeiro e verificar a información que se achegaba nos anónimos”, advertiu a alcaldesa, antes de incidir en que o outro suposto –“que apareza un sobre (o que tiña o anónimo) nun despacho e que non se saiba nin que se fixo con el”– resulta se cabe “máis inverosímil”.

“A realidade é que o anónimo apartou a Besteiro da primeira liña política, que agora recuperamos co seu nomeamento. É algo que non tería que ocorrer e os feitos demostraron que non había causa”, lamentou, antes de incidir en que “non só fixo dano” ao dirixente socialista e ao PSOE senón tamén “á cidade de Lugo “retardando e xerando situacións de inseguridade xurídica”.

A dirixente socialista advertiu que tamén se xerou “medo entre o funcionariado e o empresariado” a “investir” na cidade. “Causou un dano irreparable que tentamos combater con accións, programas e proxectos para dinamizar a economía da nosa cidade”, resolveu.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...