InicioSucesosO xurado declara culpable a Ana Sandamil de asasinar á súa filla...

O xurado declara culpable a Ana Sandamil de asasinar á súa filla Desirée de forma consciente

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulaba o pasado mes de novembro o primeiro xuízo por este crime

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xurado popular declarou este martes a Ana Sandamil culpable de asasinar á súa filla Desirée Leal, de sete anos, en maio de 2019, un acto que, apuntan, fixo sendo consciente dos seus actos a pesar do trastorno mental que padece.

Así o recolle a acta do xurado popular, que leu o portavoz esta tarde na Audiencia Provincial de Lugo, cando se cumpren 24 horas do inicio da deliberación, un prazo similar ao que o anterior xurado dedicou para emitir o seu veredicto. O fallo é, ademais, o mesmo.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulaba o pasado mes de novembro o primeiro xuízo por este crime, alegando que no veredicto, que considerou que a nai de Desirée non tiña as facultades mentais afectadas o momento dos feitos, non estaba argumentada de forma suficiente esta consideración, clave no caso.

Por iso, a Audiencia de Lugo tivo que repetir, cando se cumpría un ano da primeira vista, as seis sesións do xuízo, nas que volveron a prestar declaración todas as persoas implicadas, mantendo as mesmas teses que naquela ocasión.

A nai da nena, como xa fixo no seu momento, dixo non lembrar nada desa noite e pechou as sesións falando do amor que sentía pola pequena e pedindo perdón á súa familia e a familia paterna da mesma.

Con todo, nesta ocasión, non lle deron nin a marxe de dúbida de considerar unha afectación leve das súas facultades, como hai doce meses, se non que decretaron que era plenamente consciente.

As facultades mentais da acusada eran o punto central de discusión neste caso, no que Fiscalía e acusacións piden para ela prisión permanente revisable e a defensa o seu ingreso nun centro psiquiátrico. O pasado ano, o tribunal optou polo primeiro.

FEITOS PROBADOS

O caso remóntase á madrugada do 3 de maio de 2019, cando Desirée durmía na cama da súa nai. Segundo determinou o xurado popular, nalgún momento da noite, Ana Sandamil asfixiouna exercendo presión no pescozo e tapando as súas vías respiratorias cun coxín. Á mañá seguinte comunicou á avoa que atopara ” á nena sen vida e simulou un intento de suicidio polo que pasou catro meses ingresada en psiquiatría do HULA.

Tras o crime, tanto Ana Sandamil como algúns dos seus familiares próximos dixeron que a muller estaba a pasar por unha situación de tensión por mor dun curso de formación que arrincara no mes de febreiro e que presentaba algúns síntomas psicóticos

En sala, os psiquiatras e psicólogos forenses que a atenderon no HULA manifestaron que presentaba “síntomas psicóticos” e consideraron que as súas facultades estaban afectadas, tomando como base as manifestacións da propia Sandamil.

Con todo, os forenses que realizaron as periciais de imputabilidad, detectaron puntuacións altas nas escalas de simulación e percibiron que estaba “a esaxerar” os seus síntomas, entre eles a amnesia.

Ademais, aínda que certificaron que Ana Sandamil padece un trastorno da personalidade grave, os forenses apuntaron en sala que os seus supostos delirios, entre eles o ouvir voces, non facían referencia á súa filla e, por tanto, non tiñan relación co crime. O xurado optou, de novo, por esta segunda versión.

“XUSTIZA, POR FIN”

“Xustiza, por fin, esperemos xa, dunha vez por todas”, estas foron as palabras do pai de Desirée, José Manuel Leal, tras a lectura do veredicto, visiblemente emocionado, ás portas dos xulgados de Lugo.

O seu letrado, en declaracións aos medios, agradeceu o labor do xurado e o “enorme esforzo para motivar” o veredicto e conseguir “que non volva pasar o da outra vez”.

Pola súa banda, a letrada da acusación popular, que exerce a Fundación Amigos de Galicia, mostrou tamén a súa satisfacción polo veredicto que, sinalou, consideran que “está moi ben fundamentado”.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

A nave calcinada de Mazoi “non tiña licenza de actividade” nin a solicitou segundo o Concello de Lugo

A nave de reciclaxe da parroquia de Mazoi, alugada pola empresa Contemar, que resultou...

O BNG reclama melloras da N6 no seu paso pola provincia de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas parlamentarias...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...