InicioSucesosPiden máis dun ano de prisión para unha muller acusada de maltratar...

Piden máis dun ano de prisión para unha muller acusada de maltratar a once cachorros, dos que dez morreron

Arroxounos nun colector de residuos preto da súa casa

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xulgado de instrución número 2 de Lugo acollerá este xoves o xuízo contra unha veciña da parroquia de San Salvador que, en maio de 2020, tratou de provocar a morte de once cachorros recentemente nacidos arroxándoos nun saco dentro dun colector de residuos preto do seu domicilio. Fiscalía pide para ela un ano e dous meses de prisión.

En concreto, segundo recolle o escrito do Ministerio Público, os feitos tiveron lugar “nun momento non determinado dos días 8 ou 9 de maio de 2020”, cando a muller arroxou aos cachorros ao colector sen facilitarlles sustento algún para a súa supervivencia e en condicións climatolóxicas moi adversas por choiva e baixas temperaturas.

O día 9 acháronse os cachorros, cando sete deles xa faleceran e os outros catro estaban “empapados e hipotérmicos”. Estes foron trasladados ao Hospital Veterinario Universitario Rof Codina con dificultades respiratorias que determinaron o falecemento dun dos cadelos á súa chegada ao hospital e a doutros dous nos días posteriores.

O cachorro sobrevivente atópase actualmente en réxime de acollida en virtude de contrato de acollemento temporal promovido pola Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo.

O fiscal considera á muller autor dun delito de malos tratos animais e solicita para o un ano e dous meses de prisión, así como a inhabilitación para o exercicio de profesión, oficio ou comercio relacionado con animais.

Así mesmo, pide que a acusada sexa inhabilitado para a tenencia de animais por un tempo de tres anos e indemnizar á Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo e ao Hospital Veterinario Universitario Rof Codina, na cantidade que se determine, polos gastos devengados da atención e coidados prestados pola os cachorros.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...