InicioSociedadeRemodelarase a área de xogos do Campo Castelo de Lugo para convertelo...

Remodelarase a área de xogos do Campo Castelo de Lugo para convertelo nun “ecoparque urbano”

As escaleiras substituiránse por ramplas e os cerramentos irán revestidos en madeira para integrarse na contorna como un gran banco que favoreza á socialización.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou hoxe a remodelación integral da área de xogos do Campo Castelo. Un proxecto que a propia rexedora definiu baixo o concepto de Ecoparque urbano, pola composición dos elementos que acollerá pero, sobre todo, porque permitirá unha transición serena da renovada dotación pública cara a Praza Maior e o Concello, respectando os condicionantes da súa localización e mellorando a estética da zona PEPRI.

“Crearemos un novo espazo de lecer aberto e integrador que favoreza a convivencia en harmonía coa contorna na que se atopa, mediante unha solución arquitectónica que adaptará o espazo para o goce das familias e do conxunto da cidadanía, rompendo co concepto de parque pechado que existe agora”, resumiu Lara Méndez.

A alcaldesa sinalou que a identidade propia que terá este novo parque, que se amplía en máis 70 m²,servirá, igualmente, para incrementar a súa funcionalidade dende un punto de vista inclusivo.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...