InicioSociedadeDiego Calvo participa na entrega de trofeos da proba do Campionato de...

Diego Calvo participa na entrega de trofeos da proba do Campionato de España de Motocrós celebrada en Lugo

Na proba competiron máis dun centenar de pilotos

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este domingo na entrega de premios da proba que puntúa para o Campionato de España de Motocrós celebrada este fin de semana no circuíto Jorge Prado de Lugo co apoio da Xunta.

Segundo sinalan nun comunicado, o Goberno galego colaborou no evento deportivo cunha achega de 70.000 euros. Na proba competiron máis dun centenar de pilotos das categorías Elite-MX1, Elite-MX2 e MX125, entre eles o lucense Jorge Prado, que foi campión do mundo en dúas ocasións na categoría MX2 e que conta co patrocinio do Goberno galego.

Lembran tamén que este ano a Xunta destina ao ámbito deportivo unha presuposta marca de 44 millóns de euros, entre os que destacan 18 millóns de euros destinados a instalacións. A maiores, o tecido deportivo conta con achegas que suman sete millóns de euros, destinados tanto a axudas ao funcionamento de clubs, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento como á firma de convenios.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...