InicioLugo e contornaFamiliares das vítimas do dobre crime do Cash Record non descartan ir...

Familiares das vítimas do dobre crime do Cash Record non descartan ir ao Tribunal de Estrasburgo

Anticiparon que se non se declara culpable ao acusado, recorrerán en primeira instancia ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)

PUBLICADA O

- Advertisement -

As familias das vítimas do dobre crime do Cash Record, no polígono industrial de O Ceao están dispostas a ir ao Tribunal de Estrasbugo se finalmente non se condena ao procesado por este suceso, un hostaleiro que rexentou o bar ‘Los Ángeles’ no centro da cidade amurallada e que agora reside en Burgos.

Esa é a opción que barallan despois de concluír o xuízo contra este hostaleiro a pasada semana na Audiencia Provincial de Lugo, no que a Fiscalía non chegou a presentar cargos e as acusacións particulares pediron 28 anos de prisión para o acusado, dez por cada un dos asasinatos e oito por roubo con violencia.

A irmá dunha das vítimas, a caixeira Elena López, asegurou que tras o xuízo teñen máis claro quen foi o culpable do dobre crime aínda que, matizou Isabel López, seguen “coa idea de que non foi o único“. “El estaba aí e cremos que foi el quen disparou a arma”, insistiu.

OS FAMILIARES, SEGUROS DA CULPABILIDADE DO ACUSADO

Ao longo da vista, que se prolongou toda a pasada semana, Isabel López mostrouse convencida de que se demostrou que o acusado “conta moitas mentiras”, entre elas, “que se non conducía ou que se non coñecía as armas”. “Todo iso quedou en evidencia, que todo eran mentiras. Mentira tras mentira nós estamos seguros que foi el e por iso sentou no banco dos acusados”, razoou.

Ademais, anticipou que se non se lle declara culpable, as familias recorrerán en primeira instancia ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e mesmo pensan xa en ir ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.

Así mesmo, Isabel López confesou que saíron “contentos” polo xuízo, aínda que lamentou que finalmente “o fiscal non acusase” por este dobre crime, que se produciu entre as 19,00 horas e as 20,00 horas do 30 de abril de 1994. Primeiro foi abatido dun disparo o reponedor, Esteban Carballedo, e despois a Elena López, que recibiu un disparo na cara. O autor ou autores levaron un botín de preto de cinco millóns de pesetas.

ÚLTIMAS

Conclúe a inspección da nave de Mazoi calcinada este martes e a empresa desconfía de que fose provocado: “Non sei como prende unha nave...

A Policía Científica deu por concluída este mércores a inspección da nave de reciclaxe da parroquia de...

Morre un peregrino norteamericano en Portomarín

Un peregrino faleceu este mércores no municipio lucense de Portomarín, segundo informou a Garda...

Sociedade Galega de Historia Natural reclama paralizar o proxecto de Altri para Palas de Rei

A Sociedade Galega de Historia Natural emitiu un comunicado no que solicita a paralización...

O BNG presenta máis de 700 alegacións ao proxecto que Altri expón para implantar en Palas de Rei

O BNG presentou na Xunta máis de 700 alegacións contra o proxecto que Altri quere implantar en Palas...