InicioLugo e contornaLugoO avogado do acusado do asasinato de Tatiana: "En Lugo non estamos...

O avogado do acusado do asasinato de Tatiana: “En Lugo non estamos afeitos a cousas tan atroces”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O avogado de Ibrahima N., condenado polo asasinato da moza lucense Tatiana Vázquez en 2016, anunciou que renuncia a continuar coa defensa un día despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimase o recurso de apelación interposto polo seu defendido, condenado a 25 anos de prisión polo crime da que fora a súa parella, ocorrido en abril de 2016 en Lugo.

“Unha cidade como Lugo, na que non estamos afeitos a cousas tan atroces como o que ocorreu con Tatiana, custoume como todo cidadán deica que se coñeceu o que pasou; se hai un culpable, se hai dous, o que queira que ocorreu e puxen todo o esforzo en que fose así”, resumiu Lodos.

Ademais, dixo que lle chamou a atención a rapidez coa que se emitiu sentenza, en apenas dúas semanas. “Foi visto e non visto. Foi unha sentenza moi rápida”, dixo, sorprendido.

Sobre a súa retirada do caso sinalou que está tendo un “custe emocional” moi grande. “Eu tentei defendelo, non só por defender a súa inocencia senón porque se soubese a verdade do que ocorreu”, indicou.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación irá á Feira Internacional de Turismo de Interior para promocionar a provincia

    A Deputación de Lugo participará por primeira vez na Feira Internacional de Turismo de...

Nova agresión nun campo de fútbol: un árbitro acaba no hospital ao recibir unha puñada nun partido de veteranos en Lugo

O encontro entre o Residencia e o Alianza, correspondente á novena xornada da División...

Lugo celebrará o nomeamento de Mariano Castiñeira como Fillo Adoptivo

O Concello de Lugo celebrará o este venres 13 de novembro o acto institucional...

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...