InicioPolíticaO BNG organiza unha xornada de traballo na Eurocámara para "visibilizar os...

O BNG organiza unha xornada de traballo na Eurocámara para “visibilizar os problemas do sur de Lugo”

Temos que empregar a vía europea para darlles visibilidade e presionar a xestión de alternativas que resolvan a ineficacia e o deixamento do PP", manifestou a deputada Ana Miranda.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG organiza unha xornada de traballo en Bruxelas “para visibilizar os problemas do sur da provincia de Lugo” baixo a lema ‘O sur de Lugo tamén existe’. Unha delegación desta zona da provincia lucense desprazarase á Eurocámara os próximos días 7 e 8 de febreiro.

Segundo trasladou o BNG, trataranse temas como a gandaría, a xestión do PP dos fondos para a produción ecolóxica, a viticultura, o despoboamento, a carencia de infraestruturas e o illamento tecnolóxico.

“Estamos a detectar problemas económicos, demográficos e de infraestruturas, entre outros, aos que desde o Goberno galego non se lles está dando solución, polo que temos que empregar a vía europea para darlles visibilidade e presionar a xestión de alternativas que resolvan a ineficacia e o deixamento do PP“, manifestou a deputada Ana Miranda.

Así, a delegación lucense manterá encontros con representantes da Comisión Europea, como a coordinadora de retos demográficos da dirección xeral de Política Rexional e Urbana, Valentina Corsetti, e a responsable dos Programas Operativos de Galicia da dirección xeral de Política Rexional e Urbana, Auxiliadora Valpuesta.

Ademais, na xornada de traballo participarán tamén a responsable da unidade de Áreas Rurais da dirección xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural, Rouby Alexia, e o experto en Desenvolvemento Territorial na Asociación Europea para a Innovación no Desenvolvemento Local, Serafín Pazos-Vidal.

A delegación do sur de Lugo estará composta, entre outros, polo alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Luís Maceda, os portavoces municipais do BNG en Monforte de Lemos, en Pantón, en Quiroga e en Carballedo, así como os representantes do Bloque en Chantada, Taboada e O Saviñao. Xunto a eles acudirán tamén representantes dos sectores culturais, sociais e turísticos da zona.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...