InicioPolíticaA primeira promesa de Carballo, unha nova ordenanza cívica para Lugo

A primeira promesa de Carballo, unha nova ordenanza cívica para Lugo

O alcaldable do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, comprométese a impulsar unha nova ordenanza "de convivencia" para "dotar de armas normativas á policía"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Lugo lanzou a primeira promesa da campaña, consistente en revivir o proxecto de ordenanza cívica que abandonou o actual goberno socialista. Ramón Carballo xustifica a necesidade deste cambio xurídico para loitar contra o vandalismo, as ocupacións ilegais, os gorrillas e a venda ilegal na rúa.

“É necesario dotar de armas normativas á policía para combater determinadas conductas que afectan á convivencia”, explicou Carballo despois de reunirse coa directiva da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, a primeira das xuntanzas sectoriais que plantexa o popular na preparación do programa electoral. O alcaldable percorrerá as 54 parroquias e máis de 600 rúas do termo municipal en tres meses.  

Na idea dun programa participativo, Carballo insta a todos os lucenses a manter un encontro persoal con el, sen condición previa, para o que deberán aportar información de contacto en cada visita aos barrios. De momento, as propostas saen do comité electoral da formación, que elaborou un borrador antes do verán coas cuestións básicas. Alén da ordenanza de seguridade, as iniciativas están vencelladas coa mobilidade: transporte público, ampliación de aparcadoiros soterrados e disuasorios, e rotación de vehículos para atallar a falta da ORA.

Lugo Sen Mordazas pide garantías formais da retirada da ordenanza

Lugo Sen Mordazas
Lugo Sen Mordazas

A plataforma Lugo Sen Mordazas considera que o anuncio da alcaldesa Lara Méndez é insuficiente, e pide que o executivo emita un comunicado oficial na mesa de traballo onde están presentes os voceiros das formacións con representación en Lugo. “Non se pode considerar efectiva a marcha atrás do goberno local se non foron informados nin o resto dos grupos políticos que forman a corporación, nin a sociedade polas canles formais que corresponden”.

O movemento asambleario quere que o grupo socialista peche definitivamente o capítulo da alcumada ordenanza mordaza. En Lugo Sen Mordazas congratúlanse do feito de que “a correlación de forzas” fóra do consistorio obrigou á alcaldía a renunciar a un borrador que contaba con apoio plenario abondo. Con todo, anuncian que ficarán “vixiantes” ante o posible uso doutros “instrumentos” como o “endurecemento doutras ordenanzas”, e oporanse á intención do Partido Popular de reiniciar o proceso no pleno municipal de outubro.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...