InicioPolíticaA Deputación de Lugo pide á Xunta deixar as "escusas" e negocie...

A Deputación de Lugo pide á Xunta deixar as “escusas” e negocie o convenio colectivo dos bombeiros

A portavoz socialista da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, lembrou que cando comezou o proceso a Xunta "deixou plantada á mesa negociadora o pasado luns".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz socialista da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, pediu á Xunta de Galicia que “deixe de buscar escusas” e sente a negociar o convenio colectivo dos bombeiros do Consorcio Provincial de Lugo para a prestación do servizo contra incendios e salvamento, así como o cumprimento da sentenza do Tribunal Supremo para conseguir fixar os postos de traballo.

Nun comunicado, o ente provincial criticou que o Goberno galego “leva moito tempo demorando a negociación sobre diversas cuestións introducidas polos representantes dos bombeiros na proposta de acordo do convenio”.

“E cando por fin arrincou o proceso, deixou plantada á mesa negociadora o pasado luns”, criticou García Porto, que asegurou que a Xunta non acudiu á cita convocada polos comités de empresa e coa Deputación. Unha actitude que, ao seu xuízo, “demostra desconsideración e falta de respecto cara ao persoal e cara á institución provincial”.

Así, Pilar García Porto indicou que o delegado territorial do Executivo autonómico en Lugo, Javier Arias, “mente para tratar de escusarse” xa que o presidente provincial, José Tomei, que preside o Consorcio, “si que propuxo, por escrito, unha reunión previa coa Administración autonómica para abordar a proposta dos traballadores”.

“Reclamamos á Xunta que non atrase máis a negociación. Se ten algún interese en dilatar o proceso, terá que explicar por que”, engadiu a deputada, que mostrou a “total vontade de acordo” da Deputación.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...