InicioSucesosLara Méndez apunta a "mozos" e a "problemas de saúde mental" polos...

Lara Méndez apunta a “mozos” e a “problemas de saúde mental” polos altercados e pelexas na cidade

O PP pide a Lara Méndez presencia policial permanente nas zonas de lecer lucense e cámaras de vixilancia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recoñeceu este mércores un “incremento” de altercados e “pelexas rueiras” no centro da cidade, sobre todo, durante os fins de semana, declaracións que fixo despois de que fosen detidas sete persoas por unha liorta o día de Fin de Ano e de que este fin de semana tivese lugar outra pelexa na Praza de Santa María.

Así, a rexedora lucense admitiu que “é unha realidade este incremento de altercados na rúa, de pelexas rueiras producidas por mozos”. “De entrada, hai que condenar todo acto violento e pór o foco onde hai que polo e é que estas actitudes se incrementaron despois da pandemia, agora que se fala tamén moito da saúde mental, da problemática de como se xestiona esta postpandemia”, manifestou.

Méndez puntualizou que este é “un tema que se tratou na xunta de seguridade” que se celebrou este mércores, á que acudiu a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez.  A rexedora lucense indicou que se abordou todo aquilo que sucede nas rúas da cidade e porase máis o foco no feito de que se están incrementando o número de denuncias que se producen durante a noite os fins de semana. Méndez aseverou que, por parte do Concello de Lugo, incídese ” moito no peche de locais problemáticos ou onde se produciron altercados”.

Así, seguirán na liña de “ser moi esixentes no cumprimento da normativa dos locais“, comprometeu, á vez que se ampliará a colaboración coa Policía Nacional para manter a orde pública nas rúas e seguirase incidindo nos operativos conxuntos coa Policía Local.

AMEIJIDE

Pola súa banda, o concelleiro popular Antonio Ameijide reclamou a Lara Méndez que aclare “por que non houbo unha rápida resposta policial” e solicita presenza policial permanente nas zonas de lecer lucense e cámaras de vixilancia.

Os populares fan estas peticións “tras comprobar o aumento de pelexas na noite lucense” e, por iso, tamén solicita información dos acordos da xunta local de seguridade para garantir a seguridade nos barrios como o da Milagrosa. “A deriva que está a tomar Lugo nos últimos meses superou o límite e corre o risco de deixar de ser esa cidade tranquila e amable de sempre, a ser un lugar no que os cidadáns camiñen con medo por certas rúas”, advertiron os populares.

ÚLTIMAS

Morre nun parque de Lugo un home de 37 anos tras ser atopado semiiconsciente

Un home de 37 anos faleceu o sábado pola mañá en Lugo tras ser atopado...

A montaña de Lugo amence con neve e temperaturas inferiores a -2

Comarcas do leste galego, nas provincias de Ourense e Lugo, anotaron nas últimas horas...

A Deputación premiará con 1.600 euros ás mellores fotos das Reservas de Terra do Miño e Os Ancares

A Deputación de Lugo abriu xa a incripción ao VIII Concurso de Fotografía de...

Alertan en Lugo do risco de caída dun menor subido nunha cadeira a un balcón para “contar coches”

Axentes da Policía Local de Lugo desprazáronse, na mañá do pasado martes, a unha vivenda tras...