InicioSociedadeAlta presión sanitaria no PAC de Fingoi en Lugo polo elevado número...

Alta presión sanitaria no PAC de Fingoi en Lugo polo elevado número de patoloxías respiratorias

Satse di que o 70% dos casos tratados esta fin de semana foron por esta patoloxía.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O sindicato de enfermaría Satse denunciou este luns unha “alta presión sanitaria” na PAC de Fingoi (Lugo), que vén dada por un gran número de patoloxías respiratorias.

Tanto é así, que este fin de semana ata un 70 por cento dos casos que se atenderon correspondíanse con esas patoloxías respiratorias, segundo os cálculos que fixo o delegado de SATSE en Lugo, Manuel Veiga. Sobre todo, chama a atención polos problemas de “nebulización” cos que se topan. Tamén fai especial fincapé no uso das máscaras, “en lugares públicos con moita concentración de persoas“.

“O ano pasado e o anterior (pandemia) viramos unha baixada exponencial de todas as patoloxías respiratorias, este ano acumúlanse casos, sobre todo polo tema da máscara”, puntualizou.

Veiga apelou a facer un “traballo de sensibilización coa poboación en xeral”. “Non hai xa a obrigación de levar a máscara en lugares públicos, pero si que temos que ser conscientes de que as persoas con patrologías agudas, como asmáticos, deberiamos pensar que a máscara veu para quedar”, subscribiu.

Desde Satse estímase que “no PAC de Lugo, un 70 por cento de patoloxías de adultos e de nenos eran patoloxías respiratorias“, o que levaría a unha “lixeira saturación” durante o fin de semana en Fingoi.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...