InicioCulturaYago Carro, un lucense a un paso da máxima categoría do 'freestyle'...

Yago Carro, un lucense a un paso da máxima categoría do ‘freestyle’ nacional

Canta máis puntuación máis alta é a posición do 'freestyler' na táboa, e canto máis próximo estea á parte de arriba máis posibilidades de ascenso ten.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O lucense Yago Carro está a un paso de ascender á máxima categoría do ‘freestyle’ (rap improvisado) nacional. Se na competición do próximo sábado en Mallorca gaña, estará matematicamente ascendido, por levar 35.000 puntos de vantaxe ao terceiro clasificado.

Carro, que actualmente compite na categoría Gold Battle, “o que podería ser como unha segunda división”, soña con poder vivir do que máis lle gusta: o rap e a improvisación. “Quero pelexar por ascender”, declarou a Europa Press.

O que podería equipararse a unha “primeira división do freestyle” é a Freestyle Master Series (FMS), unha competición de alcance nacional composta por doce artistas que cada ano cambian segundo a clasificación.

Durante a tempada celébranse diferentes competicións “nas que o único requisito é improvisar, non hai que insultar ou faltar ao teu rival”. En cada un destes encontros hai un xurado que puntúa “as rimas, a compenetración co ritmo, a métrica, o ‘flow’, como levar ao público…”, explica Carro.

Canta máis puntuación máis alta é a posición do ‘freestyler’ na táboa, e canto máis próximo estea á parte de arriba máis posibilidades de ascenso ten.

O lucense explica que, “dos 12 integrantes da FMS, os dous peores clasificados descenden a final de campaña e os dous mellor clasificados da Gold Battle ocupan, automaticamente, as prazas que deixan libres“. É por iso polo que se na próxima cita, en terras mallorquinas, o lucense gaña o seu obxectivo estará conseguido. Con todo, de non facelo, habería unha segunda oportunidade.

O terceiro e cuarto clasificado mídense nunha especie de playoff ao noveno e décimo da categoría superior, polo que non estaría todo perdido para o artista lucense en caso de non levar o título na próxima batalla.

Carro está “moi focalizado” no reto que se expón, “con ganas” e como lle di a súa nai “disposto a traer mínimo 40.000 puntos”. Leva dez anos rapeando, e aínda que fai algúns o deixou porque necesitaba cambiar de aires, descubriu que o rap é o que lle dá “sentido á vida”.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...