InicioSucesosXa está coa familia o home de 78 anos que deambulaba perdido...

Xa está coa familia o home de 78 anos que deambulaba perdido de madrugada en Lugo

Por outra banda, un mozo foi detido por unha agresión.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo auxiliou esta madrugada a unha persoa de 78 anos de idade que deambulaba soa pola cidade. Tal como informou o corpo de seguridade, foi sobre as 02,35 horas cando unha patrulla observou na rúa Rof Codina a esta persoa, que presentaba signos de estar desorientada.

Os axentes procederon ao seu auxilio, manifestando a persoa que non sabía onde estaba o seu domicilio e que estaba a esperar á apertura do centro de día situado nesa zona.

Debido ás baixas temperaturas, os policías decidiron abrigala e trasladala á xefatura, onde se localizou un familiar para que se fixese cargo desta persoa.

AGRESIÓN

Por outro lado, un mozo de 23 anos foi detido por agredir na madrugada do 4 de xaneiro a outro home nun local de lecer nocturno situado na rúa Tui en Lugo.

O arresto produciuse o pasado mércores por parte de axentes da Policía Nacional, que culminaron coa detención a investigación aberta tras a denuncia presentada polo agredido, segundo informou a Comisaría.

A vítima tivo que ser evacuada ao Hospital Lucus Augusti despois de recibir os primeiros auxilios e, unha vez recibida o alta, formulou unha denuncia por lesións.

Por mor disto, os axentes interrogaron as persoas identificadas pola patrulla personada no lugar da agresión, o que permitiu a identificación do agresor.

Trátase dun mozo que conta con antecedentes por varios delitos que pasará a disposición xudicial este xoves.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...