InicioSociedadeLara Méndez afea que a Xunta anuncie como algo novo o investimento...

Lara Méndez afea que a Xunta anuncie como algo novo o investimento na estación de buses: “É competencia súa exclusivamente”

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, criticou este mércores que a Xunta anuncie como algo novo “o seu investimento na nova estación de autobuses cando é unha competencia súa única e exclusivamente”.

A rexedora socialista insistiu na idea de que “só faltaría” que non o fixese, á vez que recrimina ao Goberno de Alfonso Rueda unha falta de involucración no proxecto.

Unha vez posta a primeira pedra na futura chegada “da alta velocidade a Lugo co AVE, tras o acordo a tres bandas entre a Xunta, Goberno central e Concello”, Méndez lamenta que o goberno autonómico non queira “axudar aos veciños de Paradai e Sacro Corazón, que quedarían illados polo paso da vía” coa construción dun novo paso.

Os socialistas chegaron a un acordo co Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) para mellorar as conexións e a urbanización destes dous núcleos construíndo un paso que lles permita estar conectados co novo deseño de estación intermodal. Este investimento terá un custo total de 11,7 millóns de euros, pero dos cales 4,7 sairán das arcas municipais.

Méndez engadiu que se lle pediu “colaboración” á Xunta para levar a cabo este proxecto e que a resposta foi negativa. A rexedora recoñeceu “estar adoitada” a que a Administración autonómica non faga “absolutamente nada para solucionar problemas como o que hai na Rolda Este de Fontiñas” desde fai máis dunha década.

A socialista lembrou que desde o 2011 a zona pasou de recibir 600 coches diarios a 4.500, “e desde entón non se tomou ningunha decisión”. Así mesmo, apuntou que ten un proxecto e que pronto empezarán as expropiacións para actuar na zona: “Pero non nos ensinaron ningún documento nin tampouco hai público un deseño de como quedará o trazado final”. Motivo que fai pensar á alcaldesa de Lugo que “dificilmente vaian iniciar nada pronto”.

A catro meses das eleccións municipais, Lara Méndez móstrase “satisfeita de como Lugo está a evidenciar unha transformación”. Consciente de que “a pandemia atrasou moitos plans”, por exemplo a renovación do canil de Frigsa, obra xa licitada, “a lista de tarefas pendentes vai diminuíndo”.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...