InicioSociedadeA Audiencia de Lugo condena a tres anos de cárcere a un...

A Audiencia de Lugo condena a tres anos de cárcere a un pai por abusar sexualmente da súa filla en varias ocasións

Os maxistrados aplican o Código Penal anterior á reforma da lei de 'só si é si' porque era o que estaba vixente cando os feitos

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a tres anos de cárcere e a cinco de liberdade vixiada a un pai, de nacionalidade portuguesa, por abusar da súa filla en 2019, ano no que a vítima cumpriu 16 anos.

O tribunal, segundo recolle a sentenza con data do pasado 30 de decembro e contra a que cabe recurso de apelación, considerou probada a existencia de catro episodios de abuso á integridade sexual da menor ao longo do citado ano, no que o pai tiña 39 anos.

O primeiro deles, de acordo co relato de feitos probados, sucedeu cando ambos compartiron a cama do camión no que traballaba o home. Tentou tocar as partes íntimas da menor, pero ela apartoulle a man e advertiulle que llo diría á súa nai se non paraba.

Noutra ocasión, cando se atopaban no domicilio familiar vendo unha película na televisión, o acusado apagou a luz e tocoulle os peitos. Outro día ensinoulle un vídeo pornográfico e díxolle que era “normal” que pais e fillas mantivesen relacións sexuais.

Nunha cuarta ocasión na que levaba á menor a casa dunha amiga en Lugo, o home parou o seu vehículo e tentou tocarlle na zona xenital tras dicirlle que “era máis normal ter relacións cun da familia que cun de fóra”.

Ademais, os xuíces, no relato de feitos probados, afirman que o acusado “exercía un control total sobre as decisións que afectaban ás salidad da súa filla” e que, cada vez que lle pedía permiso, “esixíalle un bico” e, cando ela llo ía a dar, “viraba a cara para que tivese que bicalo na boca”.

A Audiencia de Lugo cualifica os feitos como un delito de abuso sexual e non aplica a reforma do Código Penal aprobada pola Lei Orgánica 10/2022, coñecida como lei de ‘só si é si’, que incluíu este tipo penal nas agresións sexuais, porque non era o Código que estaba vixente no momento dos feitos.

O tribunal destaca que a declaración da vítima reuniu “os requisitos e características que a habilitan plenamente para enervar, por si mesma, a presunción de inocencia do acusado, recoñecendo, mesmo, non lembrar con exactitude ou de modo aproximado, as datas dalgún dos feitos”. Ademais, indica que mantivo o seu relato “ao longo de todo o tempo, nas súas distintas declaracións”.

O fallo tamén subliña que o relato está corroborado por datos e elementos “periféricos”, entre eles as manifestacións dunha traballadora social e da súa profesora, a quen lles contou os feitos e díxolles que non quería denunciar. Foron estas dúas quen, nun primeiro momento, puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...