InicioSociedadeLugo énchese de ledicia con varios premios do Sorteo do Neno

Lugo énchese de ledicia con varios premios do Sorteo do Neno

Un establecemento de Lotaría da capital lucense reparte 2,5 millóns ao vender 100 décimos do 18.918.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Sorteo do Neno, celebrado este venres 6 de xaneiro, salpicou co seu segundo e o terceiro premio a un total de oito municipios das catro provincias galegas. Destaca Lugo como a máis agraciada, despois de que un establecemento da capital repartise 2,5 millóns de euros ao vender 100 décimos do terceiro.

Un establecemento de Lotarías de Cervo vendeu dous décimos deste segundo premio, dotado con 75.000 euros cada un. Trátase do hotel e restaurante O Almacén, situado na estrada de Sargadelos, 2, que tamén conta con outras terminacións agraciadas por este Sorteo do Neno de 2023.

“Estamos contentos, porque isto (repartir un dos grandes premios) sempre aumenta moitísimo as vendas”, celebra o seu dono, Tomás Mariño, en declaracións a Europa Press.

Mentres tanto, na cidade de Lugo, o Café do Centro, establecemento hostaleiro da Praza Maior, vendeu un décimo do 72.289 por máquina. En paralelo, un establecemento de Lotarías situada na capital lucense foi o que coroou a esta provincia como a máis afortunada este venres, Día de Reis.

A administración número 9, situada en Rolda da Muralla, 61, foi un dos únicos tres puntos de toda España, xunto con outros dous de Guillena (Sevilla) e Alzira (Valencia), en vender o 18.918. En concreto, venderon 100 décimos, a maioría a través do Bar Avenida de Rábade. Isto tradúcese nun total de 2,5 millóns de euros.

José Manuel Gómez, o responsable da administración, explica a Europa Press que están “moi contentos” porque sospeita que tocou entre veciños coñecidos. E é que este 18.918 é un dos seus números abonados, polo que levan xa tempo xogando con el.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...