InicioPolíticaA candidata para a alcaldía de Lugo polo PP, Elena Candia, promete...

A candidata para a alcaldía de Lugo polo PP, Elena Candia, promete unha Concellaría de Maiores e unha administración “máis accesible”

Entre as medidas que adoptará, está eliminar a cita previa e potenciar a modalidade presencial "para aquelas persoas que prefiran o contacto directo".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A candidata do PP á Alcaldía de Lugo, Elena Candia, anunciou que, se consegue o bastón de mando, creará unha Concellaría de Maiores e que fará do Concello unha administración “máis accesible e cun trato personalizado”.

A través dun comunicado tras reunirse coa Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo, a popular destaca á terceira idade como un “colectivo estratéxico para o futuro da economía” da cidade, polo que aposta por “darlle voz” para “desenvolver programas de dinamización económica ou de humanización”.

“Estamos en débeda con eles e é a nosa obrigación escoitalos e ter en conta as súas opinións, preocupacións e gustos co obxecto de satisfacer, na medida do posible, as súas demandas”, proclamou.

Elena Candia tamén prometeu cambiar o funcionamento da administración para facela “máis accesible”. Entre as medidas que adoptará, está eliminar a cita previa e potenciar a modalidade presencial “para aquelas persoas que prefiran o contacto directo”.

Nesta liña, comprometeuse a simplificar os documentos municipais como resolucións, comunicacións oficiais e trámites.

De igual modo, a candidata do PP compartiu cos pensionistas a súa preocupación pola soidade dos maiores e pola lista de espera no Servizo de Axuda non Fogar (SAF), entre outros asuntos.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...