InicioSucesosO TSXG rebaixa de 23 a 20 anos a condena de cárcere...

O TSXG rebaixa de 23 a 20 anos a condena de cárcere imposta ao home que acoitelou á súa parella nas Gándaras

En febreiro de 2020, tras unha discusión, seccionoulle a arteria carótida mentras estaba sentada no inodoro.

PUBLICADA O

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rebaixou de 23 a 20 anos de cárcere a pena de prisión imposta ao home que asasinou a coiteladas á súa parella, en febreiro de 2020, nunha casa das Gándaras. Tal e como explican nun comunicado, o alto tribunal impúxolle a prohibición de aproximación ou comunicación, por calquera medio, coa nai, fillos e irmán da vítima por un período de 30 anos, en lugar de por os 33 fixados na sentenza de primeira instancia. A Sala do Civil e Penal do TSXG, que estimou o recurso presentado polo condenado, explica que no fallo emitido pola Audiencia Provincial de Lugo “non existe” a motivación sobre a determinación da pena. “Non hai nin unha soa referencia a circunstancias relativas ao autor ou ao propio feito sobre as que asentar unha condena a 23 anos de prisión”, recalca. Os maxistrados lembran na resolución “a constante xurisprudencia do Tribunal Supremo e do Tribunal Constitucional sobre a necesidade de motivación das sentenzas en canto á extensión da pena“. Indican tamén que a morte alevosa “xa resulta considerada na propia penalidade ordinaria do asasinato”, así como que a relación sentimental “tamén foi tida en conta na apreciación da agravante de parentesco”. Os xuíces destacan que o resto dos elementos que figuran na sentenza da Audiencia Provincial de Lugo, entre eles “buscar unha coartada, limpar a escena do crime ou obstaculizar a acción policial”, son “actos que non fundamentan unha maior antixuridicidade ou culpabilidade dignas de ser retribuídas á alza”. Por conseguinte, estimaron o recurso de apelación e rebaixaron a pena. SENTENZA DA AUDIENCIA O TSXG acepta na sentenza o relato de feitos probados do fallo da Audiencia Provincial de Lugo, no que explica que o Tribunal do Xurado considerou probado que, entre as 18 horas do 6 de febreiro de 2020 e as 8 horas do día seguinte, iniciouse unha discusión entre o condenado e a súa compañeira sentimental, que comezaran a relación no verán. Durante o desenvolvemento da disputa ou unha vez finalizada, segundo a resolución, a muller foi ao baño, onde minutos máis tarde se dirixiu a súa parella cun coitelo, co que lle asestou, “con ánimo de matar”, catro puñaladas no pescozo, unha das cales lle seccionou a arteria carótida. O condenado, segundo a resolución, aproveitouse da “situación física que mostraba, tanto polo lugar no que se atopaba (no inodoro situado nun baño de escasas dimensións), como en atención ao estado de intoxicación etílica que presentaba, unido á inxesta de medicamentos que tiña pautados”, o que a deixaba nunha situación de “escasísima defensa”. A Audiencia indica que, no momento da agresión, o acusado, pese ao trastorno por consumo de alcol que padecía, “presentaba intacta a súa capacidade de entender e querer”.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...