InicioSociedadeA alcaldesa de Lugo calcula que en seis meses estará demolido o...

A alcaldesa de Lugo calcula que en seis meses estará demolido o Garañón

Destinará algo máis de 578.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, comentou que calcula que nun prazo de seis meses estará demolido o Garañón, tras ser adxudicado este xoves o contrato para a derriba na Xunta de Goberno Local.

“Eses son os prazos, un mes para a entrega do proxecto, e catro meses como máximo para a demolición. Entramos nesa fase final, nesa realidade que xa anunciei no ano 2017 de non seguir co procedemento xudicial e que non ía recorrer máis sentenzas”, concretou.

Lembrou que xa en 2017 perseguía “derrubar as torres” e “recuperar esa zona”, onde se sitúa o inmoble que foi xudicializado no seu día aos pés do Parque Rosalía de Castro.

Ademais subliñou que, no anterior mandato, o seu foi “o único grupo que apostou realmente por converter aquela zona nunha zona verde, ao que hoxe súmase o resto dos partidos políticos”.

“Nós tiñámolo claro, que queriamos aproveitar esa circunstancia para reverter esa zona e convertela nun pulmón verde de Lugo, seguir conectando o río Miño coa cidade e seguir ampliando as zonas verdes”, expuxo finalmente a alcaldesa. Para a demolición destas torres do Garañón, o concello de Lugo destinará algo máis de 578.000 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...