InicioLugo e contornaLugoAdxudicado o derrube do Garañón e abrir unha zona verde no centro...

Adxudicado o derrube do Garañón e abrir unha zona verde no centro da cidade

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sinalou que con esta actuación avánzase en "dar resposta a unha demanda social de crear un novo pulmón verde na cidade que dea continuidade ás Costas do Parque e ao parque de Rosalía de Castro".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou que este mércores se adxudicará, en xunta de goberno local, o contrato para o derrubamento do edificio do Garañón, situado no centro da cidade, para poder crear unha zona verde.

Segundo trasladou o Concello nun comunicado, trátase dun contrato mixto para a redacción do proxecto, a dirección facultativa de obra e a demolición do Garañón a Xestión Ambiental de Contratas por un importe de 578.035 euros.

A empresa adxudicataria disporá de 30 días naturais máximopara presentar o proxecto de derruba e, posteriormente, doutros 120 para executar os labores correspondentes.

Méndez sinalou que con esta actuación avánzase en “dar resposta a unha demanda social de crear un novo pulmón verde na cidade que dea continuidade ás Costas do Parque e ao parque de Rosalía de Castro”.

Así mesmo, fixo fincapé en que as bases do contrato contemplan a obrigatoriedade de realizar un seguimento da obra cunha periodicidade mínima de 15 días, coa intención de controlar o progreso das tarefas e verificar diferentes aspectos.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...