InicioSociedadeLugo recupera a súa cabalgata de Reis, bautizada como 'A gran viaxe',...

Lugo recupera a súa cabalgata de Reis, bautizada como ‘A gran viaxe’, con música, danza e teatro

O PP carga contra "a última ocorrencia" da alcaldesa de enviar cartas a colexios e nenos da cidade "facéndose pasar por Raíña Meiga"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo recupera a tradicional cabalgata dos Reis Meigos do 5 de xaneiro tras dous anos de pandemia. Esta edición, bautizada co título ‘A gran viaxe’, contará con espectáculos de música, teatro e danza.

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, acompañada do tenente de alcaldesa da cidade, Rubén Arroxo, presentaron este mércores ante a prensa esta edición da cabalgata que sairá ás 17,00 da tarde do parque de Frigsa, con chegada sobre as 19,30 horas ao Consistorio.

Serán catro carrozas, tres dos Reis Meigos e unha cuarta con agasallos para os máis pequenos, e entre elas haberá intercalados 11 espectáculos. Música, teatro e danza comporán esa postal o próximo día 5, acompañadas de “espectaculares figuras”, tal e como resumiu a concelleira de Cultura.

Repartiranse 2.000 quilos de caramelos e 3.000 ‘cornetes’ de lambetadas. Tamén este ano incorpórase a mascota do Club Baloncesto Breogán, Maximus, para acompañar a Melchor, Gaspar e Baltasar.

Ademais, neste nadal, Lugo recupera a figura do Apalpador, que este venres estará na Praza Maior da cidade, a partir das 19,00 da tarde. Transcorrerá por distintas rúas de Lugo ata concluír cunha ‘foliada’.

CRÍTICAS DO PP Ás CARTAS DA ALCALDESA

Noutra orde de cousas, o grupo municipal do PP cargou nun comunicado contra “a última ocorrencia” da alcaldesa, Lara Méndez, de enviar cartas “a todos os colexios e todos os nenos” da cidade “facéndose pasar por Raíña Meiga”.

Para os populares, é unha campaña “inaudita” por parte da rexedora, á que acusan de “xogar coa ilusión” dos máis pequenos nestas datas. Por iso, o PP municipal avanza que solicitará ao goberno de Méndez información sobre o custo da campaña e a intención da mesma. “Non todo vale. Hai que pór límites e, sobre todo, respectar aos nenos e nenas de Lugo”, conclúe o principal partido da oposición.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...