InicioEconomíaUn terzo da poboación da provincia de Lugo é maior de 65...

Un terzo da poboación da provincia de Lugo é maior de 65 anos

Este informe tamén pon en evidencia o impacto da pandemia, que causou a perda de 1.000 empresas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un terzo da poboación luguesa é maior de 65 anos e a media de idade na provincia é superior aos 50, segundo recolle un informe elaborado pola Confederación de Empresarios de Lugo en colaboración coa Deputación de Lugo.

As conclusións do documento ‘Lugo en cifras 2022’ foron presentadas este martes polo presidente da deputación, José Tomei, e o secretario xeral da CEL, Jaime López, quen puxo o foco en que “o envellecemento e a perda de poboación” na provincia “é un dos grandes problemas” para a economía luguesa.

“É un dos grandes problemas que debemos de analizar non só desde o punto de vista de servizos públicos adaptados a esas franxas de idade, senón coa vista posta en políticas públicas globais capaces de reverter a tendencia e de atraer e fixar poboación no interior”, aseverou.

En concreto, a media de idade é de 50,35 anos nunha provincia con máis de 326.000 habitantes, dos que 96.500, é dicir, un terzo, superan os 65 anos. Pola súa banda, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomei, destacou que este informe pon en evidencia o impacto da pandemia, que causou a perda de 1.000 empresas na provincia entre xaneiro de 2020 e o mesmo mes de 2021.

Con todo, destacou que o anuario da patronal tamén reflexa a “capacidade” da economía luguesa, como revela a balanza comercial positiva de 125 millóns de euros conseguida en 2021.

“Lugo é hoxe unha provincia que exporta máis do que importa. O valor dos bens que colocamos nos mercados exteriores, sobre todo en Europa, alcanzou os 723 millóns de euros, que é a cifra máis alta desde 2016”, presumiu.

ÚLTIMAS

Tarxerta verde da UNESCO para o Xeoparque Montañas do Courel

O Xeoparque Montañas do Courel que comprende os concellos de Ribas de Sil, Quiroga e...

O goberno de Lugo celebra o aval xudicial á demolición do Garañón

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, celebrou este mércores que as tres sentenzas que...

Lugo aproba inicialmente o novo plan de emerxencias municipal

O Executivo local aprobou inicialmente o novo plan de emerxencias municipal, un documento aberto...

Un operario resulta ferido tras ser atropelado por un camión nun tramo de obras da A-6 en Baralla

Un traballador do servizo de mantemento de estradas resultou ferido ao ser atropelado por...