InicioSucesosXulgado un codutor que circulaba a máis de 190 km/h nun tramo...

Xulgado un codutor que circulaba a máis de 190 km/h nun tramo limitado a 80 en Lugo

Tras a celebración do Xuízo Rápido e aceptación dos feitos por parte do condutor, condenouno a unha pena de 8 meses de multa e a privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores durante un período de 10 meses.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detectou no municipio de Lugo a un condutor que circulaba a 191 km/h nun tramo da autovía A-54 limitado a 80 km/h.

Segundo informou o corpo, os feitos sucederon sobre as 15,00 horas do pasado 26 de outubro, cando un cinemómetro captou a un turismo que circulaba en dirección a Lugo a unha velocidade de 191 km/h, cando a máxima na zona era de 80 km/h, xa que había obras que obrigaran a cortar un dos dous carrís.

Acto seguido, os axentes procederon a dar o alto ao vehículo infractor e identificouse como condutor a un home de 30 anos, veciño de Ourense.

Todo o actuado remitiuse ao Xulgado de Instrución de Garda de Lugo, o cal, tras a celebración do Xuízo Rápido e aceptación dos feitos por parte do condutor, condenouno a unha pena de 8 meses de multa e a privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores durante un período de 10 meses.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...