InicioSociedadeVinte profesionais sociosanitarios máis para atender en Lugo ás persoas que se...

Vinte profesionais sociosanitarios máis para atender en Lugo ás persoas que se recuperan nos seus domicilios

O Plan de Saúde Mental da Xunta reforzará o próximo ano a cobertura do Programa de Atención a Domicilio en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Plan de Saúde Mental da Xunta reforzará o próximo ano a cobertura do Programa de Atención a Domicilio en Lugo, o que “permitirá facer unha continuidade dos coidados no domicilio para aqueles pacientes que saian dun ingreso e estean xa en proceso de recuperación”.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, sinalou este martes en Lugo que, entre as 61 novas prazas en materia de saúde mental que se crearán cos orzamentos da Xunta para o próximo ano, algunhas serán para reforzar este Programa de Atención a Domicilio.

Comesaña, que participou na inauguración dunha exposición feita por pacientes psiquiátricos no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), resaltou que o Plan de Saúde Mental que a Xunta aprobou en 2020 prevé que se invistan máis de 83 millóns de euros e leven a cabo 241 contratos.

Ademais, insistiu en que xa se reforzaron con case 20 profesionais os equipos sociosanitarios de saúde mental que atenden ás persoas que están na residencia. Así, destacou a posta en marcha das unidades de prevención do suicidio nos hospitais públicos galegos e lembrou que en Lugo empezou a funcionar a finais do ano 2020.

O titular de Sanidade subliñou que a Xunta vai destinar 9,5 millóns de euros para concertar coas entidades do sector prazas nos centros de rehabilitación psicosocial e laboral, pisos protexidos ou unidades residenciais. Tamén reforzará as axudas para 60 programas desenvolvidos por estas entidades con máis dun millón de euros.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...