InicioLugo e contornaMinuto de silencio na Deputación de Lugo polo crime de Cristina Cabo,...

Minuto de silencio na Deputación de Lugo polo crime de Cristina Cabo, que condenan todos os grupos políticos

Cun minuto de silencio os 25 deputados provinciais da Deputación de Lugo renderon homenaxe este martes a Cristina Cabo, a muller que apareceu morta a puñaladas na súa casa da Rúa Quiroga, en Lugo, o pasado domingo, antes de que dese comezo o pleno para a aprobación dos orzamentos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Cun minuto de silencio os 25 deputados provinciais da Deputación de Lugo renderon homenaxe este martes a Cristina Cabo, a muller que apareceu morta a puñaladas na súa casa da Rúa Quiroga, en Lugo, o pasado domingo, antes de que dese comezo o pleno para a aprobación dos orzamentos.

Tamén serviu este minuto de silencio para conmemorar o 25 de novembro, data na que se conmemora o día internacional contra a violencia machista.

Tras coñecerse nos corredores do Pazo de San Marcos da detención dun home por este crime, o presidente provincial, o socialista José Tomei, lamentou “este crime horrible, doutra muller máis asasinada”.

“Temos que trasladar á familia o noso pesar, imos gardar un minuto de silencio na súa memoria. Era unha persoa nova, moi comprometida co movemento feminista. O ano pasado, ela mesma, participou nos actos do 8-M. Unha industrial do barrio da Milagrosa, non vivía alí pero si tiña alí un negocio”, esgrimiu, en relación á frutería ecolóxica que rexentaba.

Tamén a vicepresidenta, a nacionalista Maite Ferreiro, lamentou todo tipo de agresións. “Isto énchenos, unha vez máis, de tristeza porque o machismo segue en alza, as mulleres cada vez vemos que non se fai o suficiente para que unha muller non teña que estar sempre pendente de si alguén da nosa contorna vainos a asasinar. Queremos trasladar o noso agarimo e o noso afecto á familia e os amigos da vítima”, dixo.

Dende o PP, a presidenta provincial, Elena Candia, expresou “a tristeza profunda e a condena dun acto de violencia, que demostra unha crueldade que só merece repulsa”.

“Unímonos á dor de familiares e amigos e a todas as persoas que a coñecían, trátase dunha muller moi coñecida no barrio da Milagrosa e na cidade”, sentenciou a tamén candidata do PP á Alcaldía de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Xunta destina 27,3 millóns á construción de 152 vivendas de promoción pública en Lugo

O Goberno galego autorizou a licitación das obras de construción de 152 novas vivendas...

Alertan de danos inminentes en bens arqueolóxicos de Parada, en Outeiro de Rei

Mariña Patrimonio vén de poñer en coñecemento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a...

O concello de Lugo analiza unha reorganización das concellerías tras a entrada de Eugenia Iglesias como edil

Eugenia Iglesias Vargas será a nova concelleira do Concello de Lugo, incorporándose á corporación...

Os ‘populares’ sinalan a obriga de abrir a residencia de Becerreá como un golpe para PSOE e BNG

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, sinala que "a condena...