InicioLugo e contornaLugoO PP de Lugo reclámalle investimentos á ministra Ribera cando veña á...

O PP de Lugo reclámalle investimentos á ministra Ribera cando veña á cidade

O PP de Lugo bota "en falta a capacidade reivindicativa e o peso político" de Lara Méndez para reclamar á ministra "unha fórmula para que Lugo consiga os 6 millóns de euros" que o presidente Pedro Sánchez lle denegou" ao concello para o cuartel de San Fernando.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O viceportavoz do PP de Lugo, Antonio Ameijide, agradeceu á vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, que “promocione Lugo como destino turístico”, pero pídelle que cando acuda á cidade das Murallas “traian investimentos para o concello”.

“O desembarco nos últimos dous meses de ministros de Pedro Sánchez (dúas veces Teresa Ribera, outra José Manuel Albares e Carolina Darias) máis aló de paseos, non achegan nada ao ámbito local”, manifestou Ameijide.

Así, lamentou que a ministra, na súa segunda visita no último mes, “veña cunha man chea de nada e outra cousa de ningunha e nin sequera respondese á petición do goberno local de que subvencione o cambio de contadores da auga”.

Ademais, o PP de Lugo bota “en falta a capacidade reivindicativa e o peso político” de Lara Méndez para reclamar á ministra “unha fórmula para que Lugo consiga os 6 millóns de euros” que o presidente Pedro Sánchez lle denegou” ao concello para o cuartel de San Fernando.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...