InicioEconomíaCandia afirma que a Xunta ve "moi positiva" a candidatura de Lugo...

Candia afirma que a Xunta ve “moi positiva” a candidatura de Lugo para albergar a Axencia de saúde pública

"Agora o que toca é convencer a quen decide, que é o Goberno central", sostén a presidenta dos populares da provincia e candidata á Alcaldía da cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta “valora moi positivamente” a candidatura de Lugo para albergar a futura sede da Axencia Estatal de Saúde Pública, segundo sostén a presidenta dos populares da provincia e candidata á Alcaldía da cidade, Elena Candia.

“A min cónstame que a candidatura de Lugo, por parte da Xunta de Galicia, é valorada moi positivamente e así llo transmitiu o propio presidente da Xunta á alcaldesa na reunión que tiveron”, certificou Candia, que expuxo que agora o que toca “é convencer a quen decide, que é o Goberno central”.

A alcaldable para a cidade das murallas celebrou que “se conseguise unha unanimidade e que se empece sumando, porque é das mellores maneiras de empezar unha campaña”. Tanto o Concello de Lugo como na Deputación aprobaron senllas mocións do PP para promover dita candidatura a nivel estatal.

“Lugo necesita reivindicarse como candidata a servizos importantes, neste caso de ámbito nacional. Iso é positivo e agradezo tanto á alcaldesa (Lara Méndez), como ao tenente de alcaldesa (Rubén Arroxo), ao PSOE e ao BNG que apoiasen unanimemente nosa proposta e agora queda o importante que é convencer a quen decide que é o goberno central”, subliñou.

Noutra orde de temas, sobre as reclamacións de modernizar o ferrocarril en Lugo, unha vella petición do BNG e pola que Candia chegaba mesmo a participar nunha manifestación o pasado venres, sinalou que, en canto a infraestruturas ferroviarias na provincia, “estamos peor que nunca”.

“Hai que ter en conta que as frecuencias que se suspenderon coa pandemia non se recuperaron. É outro dos asuntos onde todas as forzas políticas teñen que estar unidas”, sentenciou. Elena Candia, respecto da manifestación, destacou que se considerou, nese momento, “importante” participar nela, como xa estiveran no ano 2016 ou 2017, “independentemente de quen gobernase en cada sitio”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...