InicioLugo e contornaVeciños de Lugo conseguen deter a un ladrón

Veciños de Lugo conseguen deter a un ladrón

Detiveron ao home de 32 anos tras tentar roubar un patinete.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Funcionarios da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home de 32 anos, con varios antecedentes acusado dun delito de roubo con violencia e outro de lesións graves.

Os feitos que ocorreron na madrugada do domingo, cando unhas transeúntes se dirixían ao seu domicilio na Avenida de Coruña, “foron asaltadas de forma sorpresiva e por detrás, para levar o patín eléctrico dunha delas”, segundo o relato policial.

Desta maneira, saíron detrás do autor, “ao que chegaron a agarrar pola mochila que portaba“, pero deuse á fuga. Daquela outra muller tentou detelo, pero foi empuxada contra os vehículos, o que lle provocou lesións de carácter leve, motivo polo que tamén se lle imputan estes feitos ao agora detido.

Ante as solicitudes de axuda por parte da vítima, que á vez deu aviso á Policía Nacional, a través da sala do 091, un home saíu á carreira tras o ladrón e chegou a interceptalo.

No momento, se personaron as dotacións policiais, que tiveron que intervir para separar ao autor do roubo do seu perseguidor. Unha vez feito, foi detido polo roubo e as lesións e foi trasladado a dependencias policiais, remitidas este martes xunto co detido ao Xulgado de Garda.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...