InicioPolíticaO BNG realiza unha viaxe en tren ata Parga para reivindicar o...

O BNG realiza unha viaxe en tren ata Parga para reivindicar o ferrocarril para Lugo

"Lugo segue á cola nos investimentos, especialmente no ferrocarril, onde as infraestruturas continúan sendo do século XIX", denuncia o tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, xunto a outros cargos orgánicos e institucionais do BNG na comarca de Lugo realizaron unha viaxe en tren de Lugo a Parga para “reclamar un servizo áxil de ferrocarril que sirva para unir Lugo co resto de capitais galegas e estatais”.

A este respecto, Arroxo lembrou a manifestación convocada polo BNG para o 28 de outubro na que “se demandará un ferrocarril digno para Lugo baixo as siglas LQT (Lugo Quere Tren)”. A manifestación partirá, ás 20,15 horas da Praza Maior e finalizará fronte á Subdelegación do Goberno.

O nacionalista fixo alusión ademais ás firmas que entregaron ante o Ministerio de Transportes en Madrid, “máis de 4.000 rúbricas de veciños de Lugo que reclaman ao Goberno do Estado un compromiso real con Lugo”.

Os orzamentos presentados non melloran a situación de Lugo, e deixan de lado a necesaria mellora das infraestruturas ferroviarias que necesita Galicia e sobre todo a posibilidade de ter un tren de proximidade propio que nos permita desprazarnos entre pobos e cidades próximas”, afirmou Arroxo, que engadiu que “Lugo segue á cola nos investimentos, especialmente no ferrocarril, onde as infraestruturas continúan sendo do século XIX”.

Pola súa banda, o nacionalista Felipe Rivas afirmou que “a chegada do Ave a Galicia, con case 30 anos de atraso sobre a data anunciada nun primeiro momento polo Goberno do Estado”, só supuxo que agora “sexa máis rápido ir en tren de Lugo a Madrid que de Lugo a Compostela”.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Dous homes sentan no banco da Audiencia Provincial por unha pelexa con pa e aixada que acabou coa perda dun ollo na Fonsagrada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 21 de abril,...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...