InicioOpiniónO PP de Lugo di que os Orzamentos estatais son "claramente lesivos"...

O PP de Lugo di que os Orzamentos estatais son “claramente lesivos” para a provincia

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Popular da provincia de Lugo replicou este martes ao secretario provincial socialista, e presidente da Deputación, José Tomé, que o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para o próximo ano é “claramente lesivo” para a provincia.

Dixérono despois de que Tomé Roca asegurase que, coas contas par 2023, Pedro Sánchez “segue cumprindo con Galicia e coa provincia de Lugo, como fai desde 2018″ e sinalase que a provincia recibirá o próximo ano máis do triplo de fondos que nos últimos cinco anos de Mariano Rajoy á fronte do Goberno central.

“Ou José Tomé vive nunha realidade paralela ou pretende enganar os lucenses no que se refire ao proxecto de orzamentos do Estado para 2023”, afirmaron os populares, que consideran que estas contas “esquecen as grandes infraestruturas que necesita a provincia, tanto de ferrocarril como en canto a autovías” e “non dan resposta ás necesidades da industria lucense”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...