InicioSociedadePiden máis man dura contra os 'gorrillas' do HULA

Piden máis man dura contra os ‘gorrillas’ do HULA

A Federación de Asociacións de Veciños de Lugo denuncia o aumento da tensión cos conductores que acoden ao hospital.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Federación de Asociacións de Veciños de Lugo urxe máis vixilancia e seguridade na contorna do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) para facer fronte aos ‘gorrillas’ logo de que, segundo denuncian, se intensificaran nos últimos días as ameazas e mesmo as agresións a condutores.

O presidente do movemento veciñal, Jesús Vázquez, aseverou que “a”. “Intimídanche, e volves ao teu vehículo e apa percepción que se ten ao aparcar o coche é unha sensación de medo polas coaccións a sufrir danos”, relatou.

Neste contexto, reivindicou “unha normativa dura, que ataque o problema de raíz”, porque, aínda que recoñeceu que a Policía Local e a Nacional “pon moita vontade”, a sensación “é que os resultados non son os desexados”. “Deteñenos e logo saen da Comisaría e volven ao HULA”, protestou.

O presidente da Federación calcula que son “entre oito e doce” os ‘gorrillas’ que actúan na contorna hospitalaria, nun lugar onde acredita que “sobre 5.000 vehículos” acoden diariamente. “Hai que contar con máis vixilancia, máis labor de prevención e unha normativa para atallar este problema”, insistiu.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...