InicioCulturaVetusta Morla volve a Lugo para o Caudal Fest de setembro de...

Vetusta Morla volve a Lugo para o Caudal Fest de setembro de 2023

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo indie Vetusta Morla volverá a Lugo para encabezar o ‘Caudal Fest’ do próximo ano, unha cita con este festival xa “perfectamente asentado” tras cinco edicións e que en 2023 celebrarase o 15 e o 16 de setembro.

Vetusta Morla foi dos grupos que inaugurou o festival en 2018, cunha proxección “moi grande” e, tanto é así, que este ano encheu o Wanda Metropolitano con máis de 50.000 persoas.

A próxima edición que se presentou este luns no Concello de Lugo, onde a alcaldesa, Lara Méndez, tamén desvelou que a este grupo indie sumaranse Sidonie, Ojete Calor, La La Love you e Berto.

Estes grupos xa están confirmados á espera de que se somen máis bandas para o ‘Caudal Fest’, que é “o primeiro gran festival do norte de España”, afirmou un dos organizadores, Adrián Cordero.

CITA “CONSOLIDADA”

A alcaldesa tamén fixo balance da última edición, unha cita sobre a que asegurou que está “consolidada”, con case “30.000 persoas” que se pasaron polos distintos escenarios o pasado 16 e 17 de setembro, sendo un sesenta por cento de Lugo, un 30 por cento de Galicia e un 10 por cento do resto do territorio estatal.

Lara Méndez estimou que esta edición deixou “un retorno económico para a cidade duns 4,5 millóns de euros” e posibilitou a creación de “300 empregos directos”.

Para a edición do próximo ano, o abono porase á venda o vindeiro xoves a un prezo, para os dous días, de 39 euros (máis gastos de xestión).

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...