InicioSociedadeO BNG esixe unha rectificación no mapa de liñas de autobús para...

O BNG esixe unha rectificación no mapa de liñas de autobús para manter as paradas no rural de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

BNG urxe a rectificación por parte do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana no mapa de liñas de autobús para manter as paradas no rural de Lugo.

A formación nacionalista de Lugo entregou ao deputado no Congreso, Néstor Rego, máis de mil sinaturas recollidas durante a campaña contra a redución das paradas de autobús para que llas traslade ao Mitma.

Segundo explican, o mapa concesional das liñas de autobuses de competencia estatal presentado polo Ministerio en abril supón menos paradas e rutas. Isto levou aos nacionalistas a solicitar a comparecencia da ministra no Congreso xa que, insisten, “de non rectificar a súa decisión, desaparecerán un total de 23 paradas en pobos e concellos en Galicia nos percorridos interautonómicos”.

En concreto, en Lugo os municipios afectados son A Pontenova, Meira, Guitiriz, O Corgo, Baralla, As Nogais, Pedrafita, Palas de Rei, Monterroso, Chantada e Quiroga. “O BNG seguirá reclamando ao Ministerio a reformulación da proposta e que priorice o mantemento de servizos de mobilidade como servizos públicos esenciais“, remarcou Rego.

Sinalan, con todo, que “o Goberno non parece ter intención de rectificar a súa postura“, posto que nunha das respostas do Executivo a preguntas rexistradas polo BNG “continúa xustificando a supresión de paradas, alegando que primarán a demanda de viaxeiros entre as diferentes Comunidades autónomas, sen atender ás paradas intermedias”.

ÚLTIMAS

Dáse á fuga tras tirar a un motorista e case atropelar a algúns peóns

O condutor dun turismo deuse á fuga este luns en Lugo tras chocar por...

O PP critica a PSdeG e BNG por non apoiar a instalación de Altri

O PP subliñou este martes o seu apoio á implantanción da factoría de Altri...

Case douscentos veciños de Lugo participan esta semana no programa ‘Coñece a túa Provincia’

Máis de 180 veciños de seis entidades da provincia de Lugo participan esta semana...

Retiran a rampla de acceso ao Miño inaugurada hai 13 días por acabarse o permiso para este verán

Os servizos municipais retiraron este luns a pasarela de acceso ao río Miño en...