InicioSociedadeEducación xa está investigando que ocorreu co neno que estivo esquecido unha...

Educación xa está investigando que ocorreu co neno que estivo esquecido unha hora no autobús escolar

Abriu un expediente para solicitar toda a información relativa e, "de ser o caso, depurará responsabilidades".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Inspección Educativa da Xunta abriu un expediente para solicitar toda a información relativa ao esquecemento dun neno nun autobús escolar en Lugo e, “de ser o caso, depurará responsabilidades”.

Fontes da Consellería de Educación informaron a Europa Press que, tras ter coñecemento dos feitos ocorridos, a inspección “está a solicitar toda a información para analizar o ocorrido”.

Segundo publica este xoves o xornal ‘O Progreso, un menor de 4 anos quedou esquecido durante unha hora nun autobús escolar que o levaba a un colexio en Meira (Lugo) e, segundo este diario, o neno conseguiu saír polos seus propios medios pola porta do condutor, cando o vehículo estaba estacionado –a porta estaba pechada pero non bloqueada–.

O neno foi recollido por uns clientes dun establecemento hostaleiro e foi levado, segundo publica este xornal, por un veciño de Meira ata o Ceip Poeta Avelino Díaz de Meira.

Nun caso de esquecemento ocorrido nun bus escolar en Oleiros no outono de 2020, acabou por supor o cesamento da directora do centro educativo, unha decisión contra a que chegou a haber mobilizacións e peticións de responsabilidade á empresa concesionaria do transporte.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...