InicioPolíticaRubén Arroxo, único candidato do BNG nas municipais: "Nestas eleccións imos a...

Rubén Arroxo, único candidato do BNG nas municipais: “Nestas eleccións imos a por todas”

"Aspiramos a multiplicar a representación do BNG para que Lugo siga avanzando", asegura.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asemblea local do BNG elixe a Rubén Arroxo como candidato á Alcaldía para as eleccións de 2023. O actual portavoz municipal e tenente alcalde foi o único aspirante a liderar a lista electoral do Bloque para o concello de Lugo.

Segundo traslada a formación nacionalista nun comunicado, manifestou o seu agradecemento a todos os que lle trasladaron o seu apoio.

“Nestas eleccións imos a por todas, en Lugo hai moitas persoas que acreditan no traballo serio e construtivo do BNG que executamos estes últimos anos desde o goberno municipal, co que estamos a cambiar Lugo”, proclamou.

“Aspiramos a multiplicar a representación do BNG para que Lugo siga avanzando, como outras moitas localidades nas que o BNG encabeza o goberno municipal”, esgrimiu, ademais de reivindicar o traballo feito na Tenencia de Alcaldía.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...