InicioSociedadeO pai de Desirée desesperado ante os recursos xudiciais: "É o conto...

O pai de Desirée desesperado ante os recursos xudiciais: “É o conto de nunca acabar”

O pai de Desirée augura que a condenada recorrerá a súa pena ao Supremo ou ao Constitucional.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pai de Desirée, a pequena de 7 anos que aparecía morta na casa da nai en Cospeito en maio de 2019 e polo que foi condenada Ana Sandamil, cre que a culpable de asasinato podería chegar ao Tribunal Supremo ou mesmo ao Constitucional.

Este venres 30 verase o recurso á prisión permanente revisable á que a condenou a Audiencia Provincial a Sandamil, nun acto xudicial que terá lugar no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. José Manuel Leal teme que “se cadra non é o último”, porque cabería recurso ante o Tribunal Supremo e mesmo ante o Tribunal Constitucional. “É o conto de nunca acabar“, manifestou.

Con todo, Leal argumentou que “si que é verdade que a clave está no día trinta no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e aínda así creo que a sentenza da Audiencia Provincial quedou moi clara”, sinala. “Sempre un ten dúbidas ante outro xuízo. Haberá que esperar”, sintetizou.

Así, augurou que a súa ex parella “poderíao tentar todo” porque, manifestou, “non ten nada que perder”. José Manuel Leal expuxo que, de todos os xeitos, para que se acepte no alto tribunal un recurso “ten que haber indicios, que expoñan moitas dúbidas“, que supón que non é o caso da que fose a súa parella.

Quero pensar que o 30 na Coruña sairá como ten que saír, confirmada a sentenza da prisión permanente revisable. Se sae confirmada a prisión permanente revisable terao moi difícil no Supremo que só acepta casos con moitas dúbidas”, observou.

En maio de 2019 apareceu a pequena de sete anos morta en casa da nai en Cospeito, o mesmo día que José Manuel Leal tiña que recollela para pasar con Desirée o fin de semana.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...