InicioSociedadeRecoñecemento para Cegasal, que traballa para inserción laboral das persoas con discapacidade

Recoñecemento para Cegasal, que traballa para inserción laboral das persoas con discapacidade

O lucense Miguel Anxo González Arias despídese das autoridades tras o seu ascenso a xeneral de brigada da Garda Civil

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomei, inaugurou este xoves a xornada ‘A Reserva de contratos a Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social’, desde a que enxalzou o traballo da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (Cegasal) a favor da inserción laboral das persoas con discapacidade.

O Pazo de San Marcos, sede da Deputación, foi o escenario deste encontro que serviu como colofón a un proxecto iniciado en xuño e que consiste nunha exposición de fotografías que percorreu a provincia e que recala agora na capital lucense, onde permanecerá aberta desde este xoves ata o 30 de setembro.

Na apertura da xornada, ademais de Tomei, participaron o presidente de Cegasal, José Antonio Vázquez Freire, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, así como outros rexedores da provincia –Pol, Foz, Ourol, A Pontenova, Xermade, Alfoz, Navia de Suarna e A Fonsagrada–.

O presidente da Deputación destacou así o traballo de Cegasal en Galicia, con 35 centros especiais de emprego: “Podo constatar a calidade do seu traballo, da súa profesionalidade e o rigor co que manexan tanto os criterios de inclusión como a adaptación aos estándares do mercado”.

Así mesmo, José Tomei reafirmou a súa aposta polas políticas sociais como “alicerce” da acción do seu goberno. Neste contexto, remarcou que “o fomento do emprego é unha das mellores políticas sociais”.

Pola súa banda, a alcaldesa de Lugo ratificou a vontade do Concello, “xa desde o mandato anterior”, de impulsar a “inclusión efectiva dos colectivos vulnerables e das persoas con diversidade funcional en todos os ámbitos”. A modo de exemplo, lembrou que o Consistorio acaba de adxudicar a Coregal Parques e Xardíns unhas obras para conservar os barrios da cidade.

XENERAL DA GARDA CIVIL

Por outra banda, o presidente da Deputación e a alcaldesa asistiron este xoves ao encontro de despedida do xeneral de brigada da Garda Civil, o lucense Miguel Anxo González Arias, tras o seu ascenso aprobado a semana pasada en Consello de Ministros.

Ao acto, no restaurante Montero de Vilalba, tamén acudiron a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e outros rexedores. Tomei felicitou ao xeneral polo seu novo cargo e desexoulle sorte na súa nova etapa, despois dunha carreira profesional que tamén o levou a destinos como A Coruña, País Vasco e Madrid.

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...