InicioCulturaA Semana de Cinema de Lugo: "Nótase a fame que temos de...

A Semana de Cinema de Lugo: “Nótase a fame que temos de temas culturais”

O presidente da asociación Fonmiña, que organiza dita semana, Xulio Xiz, anuncia a proxección de 131 películas nunha edición que homenaxea a María Casares.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vindeiro luns, día 19 de setembro, arrincará unha nova edición da Semana Internacional de Cinema de Lugo, o número 44, que proxectará 131 películas e lembrará á actriz María Casares.

O presidente da asociación Fonmiña, que organiza dita semana, Xulio Xiz, cualificou o evento como “un baño de cinema“, con eses 131 títulos, que se proxectarán no auditorio Gustavo Freire, a Biblioteca Provincial, a Deputación de Lugo e a Casa do Saber.

Estas películas seleccionáronse dun total “dunhas 2.500” que suxeriron aos organizadores deste certame, que este ano recoñecerá á actriz María Casares. Logo de dous anos marcados pola pandemia, recupérase “a totallibertad” para asistir a esta semana Internacional de Cinema de autor na cidade amurallada. “Nótase en todos os aspectos culturais, sociais e festivos, nótase a fame que temos de temas culturais”, engadiu o presidente de Fonmiña.

Xulio Xiz destacou que, salvo as películas que se difundan no auditorio, no resto de escenarios o acceso será “completamente”gratuíto. A semana pecharase o domingo coa selección de gañadores,algo que fará o propio publico que se achegue ás salas cinematográficas habilitadas para tal fin.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...