InicioSociedadeO PP lucense tacha o goberno local de "ineficiente" por tardar en...

O PP lucense tacha o goberno local de “ineficiente” por tardar en reparar 24 horas unha fuga de auga

Manifestou a súa "preocupación" por "a falta de xestión" no rural lucense despois de que se "malgastasen litros" de auga en Castelo de Abaixo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Popular de Lugo manifestou a súa “preocupación” por “a falta de xestión” no rural lucense despois de que se “malgastasen litros” de auga pola “ineficiencia” á hora de arranxar unha fuga en Castelo de Abaixo.

Este martes, o concelleiro lucense, Antonio Ameijide, responsabilizou ao ejecutio local desta situación. “A empresa que ten contratada o concello para refrozar a brigada de augas, que presta un servizo 24 horas, acudiu ao lugar despois de que os veciños chamasen á policía. Cando chegaron alegaron que non tiñan os medios suficientes como para reparar a avaría e tampouco se cortou a auga”, relatou.

Para o concelleiro popular esta situación faise “máis grave” pola situación de seca que atravesa a cidade e toda Galicia. Deste xeito, cualificou de “malgasto” as 24 horas que “se tardou en actuar” coa brigada municipal de augas. Ademais cre que o goberno encabezado por Lara Méndez “prefire tirar auga que escoitar as propostas do PP, como a de recuperar un sistema parado desde o 2010 para conseguir unha recirculación da auga da depuradora de Nadela para encher o Miño”.

Antonio Ameijide observa unha “falta de control” no Concello de Lugo en canto á contratación de empresas concesionarias. Denuncia que se “lateralizaron as reparacións das fugas de auga para reforzar á brigada municipal que o mesmo PSOE desmantelou para privatizar o servizo”.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...