InicioMovementos sociaisA Residencia mobilízase coa nova Plataforma Veciñal: concentración o 3 de outubro

A Residencia mobilízase coa nova Plataforma Veciñal: concentración o 3 de outubro

A veciñanza da Residencia, indignada polo trato da Xunta e o Concello, organízase para salvar do abandono o barrio lucense e manifestarase a carón do vello Xeral

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dende que o Hospital Xeral de Lugo quedou en desuso, A Residencia perdeu o seu dinamismo. Privado do núcleo sanitario, o barrio caeu nun progresivo abandono, en mantemento, en servizos, sen que as administracións aportaran alternativas de desenvolvemento.

Só o empuxe da veciñanza conseguiu arrincar da Xunta de Galicia o plan integral para o vello complexo hospitalario, e esa presión sostida no tempo salvou o proxecto de quedar postergado polo goberno galego.

É por isto que o barrio organízase a través da nova Plataforma Veciñal, para asegurar os compromisos da Xunta e que a lea política co Concello non arruine a oportunidade de revitalizar a zona. Mais tamén para visibilizar os problemas de suciedade e mal estado do mobiliario urbano, responsabilidade do executivo local.

Para mudar estas reivindicacións en realidades, a Plataforma Veciñal do Barrio da Residencia convoca a concentrarse o vindeiro 3 de outubro a carón do vello Xeral, ás 20.00 horas, na porta da antiga residencia.

Catro meses despois, a Xunta explica por que anulou os trámites da Residencia

 

ÚLTIMAS

Xulgan a unha muller que se apropiou de 37.500 euros dun cliente que contrataba os seus servizos sexuais

Unha muller sentará no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Lugo a próxima...

Detidos dous veciños por roubar 1.750 válvulas de bombonas de butano

A Garda Civil detivo na madrugada do xoves a dous veciños de Ferrol, de...

A Deputación de Lugo presume de política social con 136 millóns: “construimos 13 residencias en oito anos e a Xunta, 0”

Os orzamentos da Deputación de Lugo crecerán en 2026 ata superar os 135 millóns...

TSXG ratifica a condena a dous homes por traficar con drogas valoradas en máis de 18.000 euros

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...