InicioPolíticaO PP de Lugo non participará nos actos de feminismo e humor...

O PP de Lugo non participará nos actos de feminismo e humor “mentres PSOE e BNG sigan branqueando a José Tomé”

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, sinala que a situación actual da Deputación é incompatible coa promoción de valores de igualdade, “sobre todo dende a perspectiva do humor”.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os deputados do Grupo Provincial Popular anunciaron hoxe que non participarán dos actos programados pola Deputación de Lugo en clave de feminismo e humor “mentres PSOE e BNG sigan a intentar branquear a José Tomé”.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explicou que estamos ante “un novo exercicio de hipocrisía intolerable”. “Ninguén pode entender que estando a Deputación de Lugo baixo o foco da sospeita, con PSOE e BNG mantendo como deputado a un presunto acosador sexual, empreguen o humor para defender o feminismo”, ao que engadiu que “se de verdade apoian ao feminismo o primeiro que teñen que facer é romper con esta persoa e esixir que abandone todas as institucións públicas nas que está presente”.

O voceiro provincial popular sinala que a situación actual da Deputación é incompatible coa promoción de valores de igualdade, “sobre todo dende a perspectiva do humor”.

O feminismo non se defende con programas de humor, senón con decencia e exemplaridade pública, algo que nestes momentos brilla pola súa ausencia na Deputación mentres se permita que unha persoa investigada por feitos tan graves siga formando parte da corporación”, denunciou.

Ademais, Ameijide recorda que a Tomé o mantén o PSOE na alcaldía de Monforte “porque queren”, lembrando como dende o PP de Monforte se ofreceron os seus votos para unha moción de censura que permitiría poñer a outro alcalde socialista e apartar a Tomé. “A realidade é que o PSOE prefire manter ao acusado como alcalde”, sinalou.

Antonio Ameijide é contundente: “Se de verdade queren apoiar o feminismo, o primeiro que teñen que facer é sacar das institucións a este señor e a todas as persoas que o encubriron durante este tempo. Mentres sigan amparando estas condutas, calquera acto que organicen será unha mofa ao feminismo”.

Neste senso, o voceiro provincial popular reitera que non “seremos cómplices” de ningunha estratexia de propaganda que busque lavar a cara do expresidente. “Non imos participar en ningún intento de branquear a José Tomé. A nosa postura é clara: tolerancia cero e coherencia institucional. O feminismo do PSOE e do BNG é de pancarta, pero baleiro de ética cando afecta aos seus propios intereses partidistas”, conclúe.

+ posts

ÚLTIMAS

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

Centos de persoas protestan en Lugo pola retirada da bandeira palestina do Vello Cárcere tras a chegada de Elena Candia á Alcaldía

Centos de persoas concentráronse este sábado en Lugo para rexeitar a retirada da bandeira...

Elena Candia acompaña á Garda Real en Lugo no seu segundo día como alcaldesa

Elena Candia participou este sábado nos actos organizados pola Garda Real na cidade de...

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...