InicioPolíticaCatro meses despois, a Xunta explica por que anulou os trámites da...

Catro meses despois, a Xunta explica por que anulou os trámites da Residencia

O conselleiro de Facenda compareceu no Parlamento para xustificar o acordo opaco que anulou o trámite imprescindible para o plan integral da Residencia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Mentres o Congreso dos Deputados comezaba o debate para a moción de censura, o Consello da Xunta acordaba anular os trámites de retrocesión dos edificios do vello Hospital Xeral de Lugo, no barrio da Residencia. O trámite era vital para a realización do plan integral anunciado en 2017, mais a decisión foi ocultada, e só trascendeu cando a actual subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, foi inquirida para revisar o estado do proxecto. Case catro meses despois, a Xunta explicou no Parlamento os seus motivos.

Foi o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, quen expuso as razóns para a anulación. Afondando nas explicacións do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, indicou que o executivo galego acordara co goberno saínte deixar sen efecto as retrocesións, mecanismo polo cal o complexo da Residencia podería dotarse de usos non sanitarios, contemplados no plan integral. E fíxose co gallo de axilizar os trámites.

Martínez precisou que, na nova liña de actuación, a Xunta realizará a demolición conxunta dos edificios, reducindo os expedientes de sete a dous: un de retrocesión, e outro de cesión. As explicacións deixan no aire varias incógnitas. A tramitación do gabinete autonómico fíxose fóra de prazo e por partes –o 25 de xaneiro e o 8 de marzo–, e non foi ata o 31 de maio cando se resolve anular o proceso.

Aquel acordo careceu de publicidade. Cinco días despois de trascender a situación da Residencia, o presidente Alberto Núñez Feijóo adiantou que “nas vindeiras semanas” solicitaría as licenzas para o centro de emprego, e “antes da fin de ano”, os permisos para a residencia da terceira idade. E tres días máis tarde, comprometeu 3 millóns de euros para o centro de emprendemento aeronáutico, avalando que dispón de proxecto básico.

Malia reiterar estes compromisos, o certo é que a Xunta unicamente avanzou no proxecto do centro integral de saúde. O resto de edificios permaneceron paralizados dende o acordo opaco, que deixaba sen efecto trámites completados fóra do prazo esixido no convenio asinado en 2017. Dúas semanas tardou o executivo autonómico en dar explicacións para a anulación, e só tralas preguntas da oposición.

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

En liberdade o detido por levar un coitelo e a roupa ensanguentada en Lugo

O home detido durante o fin de semana en Lugo tras ser localizado en...

O Gustavo Freire acollerá catro funcións do Circuito Galego de Teatro Afeccionado en setembro

O Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo converterase durante dúas fins de semana de...

Candia quere cambiar a relación que había coas asociacións do Arde Lucus ate agora

O Arde Lucus 2027 xa ten data: a vindeira edición da festa de recreación...

Lugo xa ten os carteis para o San Froilán e o San Froilán Miúdo 2026

O xurado encargado de seleccionar os carteis anunciadores do San Froilán e do San Froilán Miúdo 2026 reuniuse esta mañá...