InicioSociedadeLocalizados catro senderistas perdidos en Cervantes

Localizados catro senderistas perdidos en Cervantes

Foron localizados polas coordinadas GPS do teléfono móbil.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de catro senderistas contactaron na noite do luns co 112 para alertar de que se perderon cando realizaban unha ruta sen sinalización en Cereixedo, municipio de Cervantes.

Un dos implicados contactou chamou ao 112 ás 21,50 horas. Indicaban que eran catro persoas as que facían unha ruta e que se perderon. Dixo que unha muller sufrira unha caída e que tiña dificultades para camiñar.

O envío das coordenadas do alertante facilitou aos axentes a súa localización. Foron avisados, entre outros, Garda Civil, Protección Civil, 061. Tras ser localizados, os axentes confirmaron que as persoas se atopaban en bo estado, no medio do monte, polo que se descartou a intervención dos profesionais sanitarios.

+ posts

ÚLTIMAS

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...