InicioSociedadeAnpas de Lugo piden denunciar "calquera discriminación" cara a crianzas con Asperger

Anpas de Lugo piden denunciar “calquera discriminación” cara a crianzas con Asperger

Unha familia de Lugo puxo de manifesto esta semana unha situación de discriminación cara ao seu fillo con trastorno do espectro autista.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta da Federación de Anpas en Lugo (Fapacel) e vicepresidenta da galega, Isabel Calvete, animou as familias con crianzas con síndrome de Asperger ou con autismo a denunciar calquera tipo de “discriminación” que se produza.

Calvete pronunciábase así despois de que unha familia de Vilalba denunciase esta semana a discriminación cara ao seu fillo, de 17 anos, que cursa primeiro de bacharel no instituto Basanta Silva da localidade chairega. A nai do pequeno, Marga Prieto, relataba que desde novembro se produciu esta situación por un profesor que desdeñaría o pequeno ao non ter en conta a súa situación.

“A familia fixo o que tiña que facer porque este tipo de situacións hai que denuncialas sempre. Falamos moito de educación inclusiva, de atención á diversidade e igualdade e esas cousas tiñan que estar xa resoltas“, sentenza Calvete.

“Non podemos permitir que ningún neno pola razón que sexa teña nin sequera un indicio de discriminación no seu colexio”. “Desde Fapacel e da Confederación de Anpas galegas animamos a que se denuncien este tipo de situacións porque hai que resolvelas. Que tipo de sociedade somos e en que tipo de sociedade estamos a educar aos nosos fillos se non respectamos a diversidade e non somos quen de facer un ensino inclusivo”, subliñou.

A presidenta de Fapacel aludiu a que “é bastante absurdo que a estas alturas no ensino público pasen estas cousas”. “Hai que ter control, os nenos son sempre o primeiro, son unha prioridade e non podemos permitir que sucedan estas cousas”, sinala.

Finalmente, pediu á Xunta que “poña unha solución a isto, porque a prioridade é o neno, o seu benestar e o das familias”.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...