InicioSucesosBuscan a unha nena de 14 anos desaparecida en Lugo desde o...

Buscan a unha nena de 14 anos desaparecida en Lugo desde o martes

Fontes policias din que se pode tratar dunha desaparición "voluntaria".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional activou o protocolo para localizar a unha menor de 14 anos de idade que permanece desaparecida desde o pasado martes, 7 de xuño, pola tarde na cidade de Lugo.

Segundo informaron a Europa Press fontes policiais, foi a avoa da menor, coa que reside, a que presentou denuncia este pasado mércores porque a nena falta desde as 17,00 horas do día 7. Por iso, a Policía Nacional activou o protocolo de procura e deu aviso ás patrullas para localizar a esta menor de 14 anos desaparecida desde o martes.

As mesmas fontes puntualizaron que esta é a primeira comunicación que teñen dun feito similar desta menor e apuntaron que se trata dunha “desaparición voluntaria”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...