InicioLugo e contornaLugoA Deputación de Lugo destina 40.000 euros ao empredemento feminino no rural

A Deputación de Lugo destina 40.000 euros ao empredemento feminino no rural

O convenio subscríbese coa Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, anunciou este martes en rolda de prensa que o seu goberno destinará 40.000 euros ao programa “Feminino Rural”, co que se pretende apoiar o emprendimento da muller no medio rural. Segundo detallou, este convenio subscríbese coa Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo e estenderase ata finais deste ano.

Ademais, precisou que con este programa as participantes recibirán “formación, acompañamento e asesoramento de maneira gratuíta para mellorar os negocios en marcha ou para favorecer o éxito e a viabilidade de iniciativas emprendedoras”.

Sobre o reto demográfico, o presidente provincial volveu a insistir en que a “creación de emprego e, sobre todo, de emprego xuvenil e feminino, ademais dos servizos públicos e a mobilidade, son elementos fundamentais para fixar poboación” porque asegurou que “se non hai mulleres no rural, o rural non ten futuro”.

Así mesmo, sinalou que este programa servirá para “a promoción económica da provincia, con perspectiva de xénero e tamén con perspectiva demográfica”. Pola súa banda, a presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo, Beatriz Varela, manifestou que se envorcarán con este programa para ver as carencias que teñen as emprendedoras e as empresarias neste momento, detectar necesidades, ver en que fallan e en que poden mellorar.

 

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...