InicioLugo e contornaLugoElena Candia pasará a ser vicepresidenta primeira no Parlamento galego

Elena Candia pasará a ser vicepresidenta primeira no Parlamento galego

A número un do PP lucense substitúe así a Diego Calvo no posto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Grupo Parlamentario Popular avanzou que proporá no pleno ordinario da próxima semana a designación da deputada e viceportavoz Elena Candia como vicepresidenta primeira do Parlamento de Galicia. Candia, presidenta provincial do PP de Lugo, cubrirá a vacante que deixou o seu homólogo coruñés, Diego Calvo, a quen o presidente Alfonso Rueda situou como vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes da xunta.

Licenciada en Dereito e doctoranda no estudo de entes locais, Candia foi alcaldesa de Mondoñedo desde 2015 ata marzo de 2020. Tamén ocupou o cargo de portavoz do Grupo Provincial do PP na Deputación de Lugo desde finais de 2011, institución que presidiu nun breve período, desde xullo a outubro de 2015. A nivel orgánico, desde marzo de 2016 é a presidenta provincial do PP de Lugo. Así mesmo, é membro da Comisión de Igualdade da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Candia será agora a vicepresidenta primeira da institución que dirixe o ourensán Miguel Santalices, presidente da Cámara autonómica. Acompáñanlles na Mesa do Parlamento a nacionalista Montse Prado como vicepresidenta segunda, a popular Corina Porro como secretaria e a socialista Mariña Ortega como vicesecretaria.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...